Galardón literario para medio cento de alumnos de Coristanco

carballo / la voz

CARBALLO

Os premiados e os seus profesores posaron xuntos ao remate da entrega dos premios.
Os premiados e os seus profesores posaron xuntos ao remate da entrega dos premios. j. m. casal< / span>

07 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Arredor de medio cento de alumnos dos distintos centros educativos de Coristanco acudiron onte ao edificio de servizos múltiples para recoller os premios do concurso literario convocado polo Concello no marco da pasada celebración do Día das Letras Galegas.

Acompañados polos seus profesores e familiares, os rapaces recibiron diversos libros e xogos en recoñecemento ao talento mostrado nas cinco categorías a concurso: cómic (para educación infantil), narrativa (primeiro ciclo de Primaria), poesía (segundo ciclo de Primaria), monográfico (terceiro ciclo de Primaria) e debuxo (ESO).

A concelleira de Cultura, Clarisa Couto, que presidiu o acto de entrega, destacou que no certame participaron a gran maioría dos escolares do municipio.