«Negociamos cada tres meses o prezo do leite»

L.G. / C.V. carballo / la voz

CARBALLO

La entidad, que tiene sede en Santa Comba, ha convocado la segunda edición de su concurso de silos de hierba

06 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Antón Camarero é veterinario e xerente da cooperativa Xallas, con sede en Santa Comba, pero con influencia nos concellos da zona. O ano pasado a sociedade cumpriu o seu 40 aniversario e agora ven de convocar a segunda edición do seu concurso de silos de herba. O técnico participou onte en Voces do Agro de Radio Voz Bergantiños.

-¿Teñen grupo de negociación aínda que non son primeiros compradores de leite?

-Concentramos vendas. En marzo conseguimos o récord con 3,8 millóns de litros. Negociamos cada tres meses o prezo o leite vendo o que teñen outros. Deste xeito conseguimos ser os primeiros ou os segundos de Galicia,

-¿Como son as explotacións dos seis clientes?

-A media está entre 40 e 50 vacas, pero hai moita disparidade. Temos a maior explotación de Galicia. O consumo de concentrado vai das 60 toneladas aos 1.000 ou 2.000 quilos.

-¿Cal é a finalidade do concurso de silos?

-Iso é para estimular e mellorar a calidade. Aínda que, as veces, o de millo ten máis protagonismo nas racións, o outro tamén é moi importante, sobre todo co custe que ten a soia e a colza. É moi interesante porque é un xeito de aforrar.

-¿Evolucionou o ensilado?

-Si. Antes os técnicos estabamos máis enriba, recomendado poñer moita proteína, moita materia seca e agora hai máis interese nos aspectos de conservación, que non medren fungos...

-Onde poden consultarse as bases

-Están na páxina www.cooperativaxallas.com. Faise cunha folla de cálculo, dun xeito completamente automático. Para ser o máis aséptico e o máis neutral posible facemos unha analítica do silo. A mostra ten que ser collida por un dos nosos técnicos e a cantidade ten que ser representativa, non vale facer un micro silo para o concurso. A cantidade debe andar por unha tonelada por vaca presente. Miramos a materia seca, a proteína, a fibra e o PH.

-¿Quen pode participar?

-A condición é ser cliente, non fai falta ser socio, pero si consumir os nosos produtos.

-¿Cantas explotacións participaron o ano pasado?

-A concurso entran todos, porque recollemos mostras dos silos que estudamos por cuestións técnicas, porque facemos racións propias ou porque vemos as alleas. Durante todo o ano, ao mellor analizamos entre 300 e 400. Elaboramos despois un cadro de honra no que entran oito silos. Cando vemos que algún é bo pasamolo pola folla de cálculo e metémolo, dependendo da puntuación. Fallamos en outono e normalmente aproveitaremos para dar algunha charla e darlle un pouquiño de glamour.

-¿É moi difícil facer un bo silo?

-É complicado, sobre todo polas condicións climatolóxicas da primavera. Outro problema é que está agardando o millo. Temos que retirar herba nun momento determinado porque compite no tempo coa outra forraxe.

-¿Pódese mellorar?

-As veces pódese coller con máis calma e tempo cando se fai con raigrás inglés, que son pradeiras permanentes, más lentas e que non espigan tan rápido. Para utilizar este tipo hai que ter as terras dedicadas solo a iso, non se pode compaxinar co millo. Hai xente que tódolos anos consigue un bo silo de herba e outros que non o logran nunca.

Antón Camarero suances Xerente da cooperativa xallas