Jorge Mira deixa unha fonda pegada nas terras de Arousa

La Voz

CARBALLO

Jorge Mira, xunto á placa do laboratorio que leva o seu nome.
Jorge Mira, xunto á placa do laboratorio que leva o seu nome. m. ferreirós< / span>

O físico baiés dá nome ao laboratorio de Física e a unha árbore no instituto Castro Alobre

17 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O laboratorio de física do instituto Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa foi bautizado co seu nome, o mesmo que unha árbore á que se lle engadirá unha placa cun pensamento del. O catedrático de Física baiés Jorge Mira deixou, sen dúbida, unha fonda pegada nese centro educativo. Precisamente deu o pistoletazo de saída á iniciativa da árbore (a idea é que continúe no futuro con outros persoeiros galegos) e abriu o libro de firmas do IES. O divulgador chegou a Arousa para participar cos rapaces e cos docentes na Semana da Ciencia en Galego do centro, que xa se vén celebrando hai anos. O tamén asinante da carta coa que Xunta promove unha iniciativa similar no eido autonómico, foi un invitado de honra que captou a atención dos rapaces de bacharelato cunha charla na que falou de temas tan suxestivos como as cadeiras da muller ou o tamaño do pene, dende unha perspectiva científica. A súa conferencia foi promovida polo Equipo de Normalización Lingüística do instituto.