A Fundación Pondal deu a coñecer no pazo de Xornes o material escolar publicado pola Deputación
10 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Comida de voda en Bergantiños, o célebre cadro de Fernando Álvarez de Sotomayor, regresou onte ao pazo de Sergude cen anos despois, pero convertido en unidade didáctica. A construcción levantada no século XVII foi escenario da presentación de Álbum de voda, un material para traballar nas aulas de educación infantil e primaria elaborado por María José Pousa Rodríguez e Margarita Camarero Albondoz.
As gaitas de Inllar abriron o acto e fixo de anfitrioa a dona do inmoble, Isabel Sotomayor, neta do artista. Lois García Carballido, alcalde e presidente da Fundación Pondal, promotora da unidade didáctica, foi o primeiro en intervir e falou de que o pazo é un lugar de futuro ao tempo que cualificou Álbum de voda como un tesouro que pode facer que os nenos aprendan a amar a arte e ser artistas. A Deputación apoiou o proxecto e o seu responsable de Patrimonio, Suso Souto, loou o labor da Fundación na dinamización do mundo rural. A autora da unidade, María José Pousa dixo que Álvarez de Sotomayor e outros pintores galegos sempre foron esquecidos. Ao final do acto, os asistentes disfrutaron das instalacións e do aperitivo de Bokaté.