A escritora cacereña María Victoria Moreno Márquez, autora do Día das Letras Galegas 2018
REDACCIÓN
CULTURA
![](https://img.lavdg.com/sc/u5DTGkCMpFWPGWrbLG5-sYJkp7w=/480x/2017/06/17/00121497704534280260793/Foto/moreno_1.jpg)
A Real Academia Galega elixiu á profesora a proposta de Alonso Montero como unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo
17 jun 2017 . Actualizado a las 16:34 h.A Real Academia Galega elixiu a María Victoria Moreno como a figura que protagonizará o Día das Letras do 2018.
Profesora, poeta, narradora e ensaísta, María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941- Pontevedra, 2005) chegou a Galicia con 23 anos tras casar cun pontevedrés e axiña asumiu a cidadanía galega e o «apostolado», subliñou Alonso Montero, da súa lingua e literatura.
![](https://img.lavdg.com/sc/iDDA-B-kREWhrL5uvAvGK6_D0m0=/480x/2017/06/17/00121497705541609550586/Foto/i17j7034.jpg)
A elección da súa voz para o Día das Letras Galegas 2018 veu acompañada do nomeamento, na mesma sesión do plenario da RAG, da catedrática de Literatura Española Marina Mayoral como académica de honra, a proposta de Franco Grande.