Última hora
Israel y Hamás acuerdan un alto el fuego en Gaza

«Faríame moita ilusión poder debutar coa selección galega»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

A muxiana está entre as candidatas a formar parte do equipo autonómico

03 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Patricia Romaní Vilela (Muxía, 1991) está a vivir unha tempada inesquecible. Debutou co Fisober na Segunda Nacional de fútbol sala feminino, un feito sen precedentes na Costa da Morte, e agora é unha das firmes candidatas para formar parte da selección galega Sub-23 que disputará, o vindeiro mes de xaneiro en Murcia, o campionato nacional. Patri, como a coñecen no fútbol sala, é seguidora do Real Madrid, aínda que o xogador que máis admira é Andrés Iniesta, polo que sinte unha especial devoción.

-¿Que sinte ao pensar que pode debutar coa selección galega?

-Faime moita ilusión poder debutar coa selección galega. O ano pasado adestrei varias veces co combinado absoluto e este ano participei en dúas concentracións coa Sub-23 que dirixe Castillo.

-¿Sorprendeulle a chamada?

-A verdade é que me colleu un pouco por sorpresa cando mo dixo o meu adestrador, Fran, pero sentoume fenomenal, porque vou a adestrar, que é o que me gusta e xogar a fútbol sala.

-¿Como se atopa coa selección?

-Moi ben, moi cómoda. Hai moito nivel e por iso sempre é bo, porque aprendes moito. Estou gozando unha morea con esta experiencia.

-¿Onde vai xogar se finalmente entra na lista?

-En principio, que eu saiba, imos xogar en Murcia o Campeonato de España de Selecciones Autnómicas. Din que será do 10 ao 13 deste mes, correspóndese coa primeira fase do torneo nacional.

-¿Como está a ser esta tempada co Fisober?

-Que podo dicir. Eu estou no equipo dende a súa fundación e chegar á Segunda División Nacional foi algo histórico. Custounos adaptarnos á categoría, pero imos pouco a pouco. A diferenza radica en que se te descoidas máis de dous ou tres minutos perdes o partido e na liga autonómica non ocorría iso.

-¿Vive solo para o fútbol sala?

-Gústame e gustoume dende pequeniña, cando empecei a darlle patadas ao balón. Agora estou a facer o primeiro ano de un ciclo superior de actividades físico-deportivas na Coruña e antes fixen un ciclo de administración en Cee.

-¿Como foi a súa evolución no Fisober?

-Agora xogo de ala dereita, aínda que dáme igual xogar nunha ou noutra banda. Como adestrador sempre tiven a Fran Toba e foi o que me ensinou todo.

-¿Alguén máis influíu no seu xogo?

-Barca Toba é o noso referente. De ela estou aprendendo sempre, a nivel persoal e na pista.

Patricia romanÍ Vilela Xogadora do fisober de fútbol sala femenino