O Mencer activa un mercadiño nas festas patronais de As Dores

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

O mercadiño de O Mencer estará operativo dende o sábado e ata o vindeiro luns.
O mercadiño de O Mencer estará operativo dende o sábado e ata o vindeiro luns. Marcos Míguez.< / span>

O colectivo de voluntarios veu incrementadas as demandas no municipio e está atendendo a 200 familias

17 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociación O Mencer de Lalín volta a poñer en marcha un mercadiño encamiñado a recadar fondos cos que continuar prestando axuda ás familias do municipio con menos recursos. Situacións de necesidade que se viron incrementadas nos últimos tempos. «Cada vez temos máis usuarios desafortunadamente. Xa sobrepasamos as 200 familias ás que tentamos axudar co reparto de alimentos que facemos todos os luns. Avisamos entre 25 e 30 familias para que veñan ao local cada luns, e facerlles entrega de alimentos, dado que non podemos atender a todas un mesmo día. Priorizamos sempre en aquelas que teñen máis membros e nas que se percibe unha maior necesidade», segundo comenta José Luis Factor de O Mencer. Asociación que agradece a axuda que lles brindan as áreas comerciais lalinenses, algunhas industrias e particulares. «A maiores dos repartos extraordinarios que chegan dende Cruz Roja ou excedentes da Unión Europea contamos con particulares que nos dan patacas e produtos da horta pero unha das fontes fundamentais de provisión nos ven de Eroski que nos cede os produtos que se retiran das liñas por caducidade. Son produtos que se poden consumir. O Centro Comercial Pontiñas tamén continúa recollendo alimentos e determinadas industrias, cando poden, tamén nos van dando alimentos. Todo o que nos chega é benvido».

Co gallo de poder continuar prestando axuda ás familias con carencias O Mencer volta a instalar un mercadiño, e fárao coincidindo coas festas patronais de As Dores que arrancan este venres.

Un mercadiño no que se precisa a colaboración da cidadanía que pode participar de dúas maneiras. «Doando obxectos en bo estado que sexan susceptibles de seren vendidos e tamén mercándoos no antigo local de Guerra Niños. No mercadiño teñen cabida libros, discos, complementos, obxectos de decoración... Todo aquelo que teñan nas casas, que non usen, que estén en bo estado e pensen que poden ter unha óptima saída e lle interesarán a outras persoas...». Doazóns que se poden realizar este xoves e venres en horario de 18 a 20 horas, no local cedido para a celebración do mercadiño, ou poñéndose en contacto con algún membro do colectivo.

A venda de obxectos levarase a cabo ao longo de tres días; de sábado a luns, en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas.