El joven de 25 años y natural de Chantada verá su sueño hecho realidad al publicarse su primera obra a finales de año
10 sep 2014 . Actualizado a las 07:00 h.O xurado que outorga o galardón de poesía Avelina Valladares reuníuse na tarde de onte na casa consistorial da Estrada para decidir que a décimo oitava edición deste premio fose a parar as mans do xoven escritor Rafael Lobelle., un mozo de Chantada pero que ten familia en A Estrada, a cal sabendo da súa afección pola poesía recomendoulle presentarse ao concurso.
O xurado composto por María Neves Soutelo Vázquez, David Otero Fernández, Xosé Luna Sanmartín e Dolores Araujo Arias destacou do poemario deste mozo que afonde sobre o camiño da vida, cunha rica construcción poética dende o idioma asumido que reflicte un uso de camiño á normalización. Para os encargados de decidir o gañador tamén foi importante percibir as numerosas referencias que o autor fai na súa obra aos poetas galegos, sobre todo aos da nova xeración.
Lobelle aínda está comezando no mundo da literatura, pero na súa curta carreira xa cosechou tres galardóns máis, o Xuventude Crea nas súas edicións de 2012 e 2013 e o premio Días Jácome que convoca o Concello de Mondoñedo.
A obra gañadora, que participaba baixo o lema Zarapelo, impúxose así aos outros 14 textos que entraron a concurso, conseguindo ser a agraciada dos 2.000 euros en metálico que ten adxudicados este premio e a publicación da obra.
O acto de recoñecemento público e a entrega dos premios a Rafael Lobelle farase durante a celebración da vindeira festa da poesía que terá lugar durante o mes de decembro.