Os premios San Martiño recoñecen o traballo feito pola Xesteira de Couso
SANTIAGO CIUDAD
Ademáis da asociación estradense tamén foron premiados o debuxante Luis Davila e o teólogo Andrés Torres Queiruga
22 oct 2014 . Actualizado a las 06:00 h.Os premios San Martiño de Normalización Lingüística que se outorgan na Estrada xa teñen gañadores nesta vixésimo carta edición. Os encargados de conceder os galardóns reuníronse onte no MOME para decidir que o premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes sexa concedido á Asociación A Xesteita de Couso. O xurado valorou as actividades de dinamización social e cultural no rural levadas a cabo por esta asociación que contribúen a normalizar o uso do galego.
O recoñecemento á normalización no ámbito galego recalou nesta edición no humorista e debuxante Luis Davila, que segundo os encargados de conceder estes premios «é das poucas persoas capaz de representar de maneira cómica o particular humor que os galegos escondemos trala nosa retranca».
Por último o premio á normalización durante toda unha vida foi concedido a Andrés Torres Queiruga, teólogo e escritor galego. Estudou na Universidade Greogoriana de Roma e a comezos dos anos 70 comezou a exercer de profesor en Santiago no Centro Teolóxico Compostelán. Posteriormente abandonou a docencia no centro eclesiástico para pasar á cátedra de Filosofía da Relixión na USC.