Será circular, con paneis informativos en tres idiomas e con detalle dos vexetais
02 ene 2015 . Actualizado a las 05:01 h.O mosteiro de Carboeiro disporá no seu entorno da primeira senda botánica do municipio de Silleda. O Concello de Silleda traballa na iniciativa destiñada a complementar o atractivo deste enclave dende o punto de vista do patrimonio natural e dende a perspectiva do turístico
Esta primeira senda silledense destas características forma parte das accións que o goberno local pretende desenvolver no marco do proxecto Auga e Pedra que obtivo financiamento oficial e está destiñado á mellora do entorno e sinalización non so do mosteiro de Carboeiro senon tamén da Fervenza do Toxa na parroquia de Pazos.
A posibilidade de crear esta senda ven dada pola gran cantidade de especies diversa que atesoura o entorno monacal silledense situado además nun meandro do río Deza. A senda pemitirá o disfrute deste paraxe natural e o mesmo tempo, que o viaxeiros e turistas teñan a posibilidade de coñecer as especies a través do seu uso ao longo da historia do mosteiro.
Propiedade curativa mediciñal
O itinerario da senda é circular e ten arranque na parte posterior do mosteiro, moi preto do pombal. Logo seguirá polo camiño ata ó muiño para volver e rematar de novo xunto o edificio monacal.
Nese percorrido poderán ser observadas vintedúas especies autóctonas diferentes de flor e vexetación. A senda estará estructurada con paneis informativos con referencias en tres idiomas: galego, castelan e inglés e nesa estructura informativa os viaxeiros poderán coñecer ademáis das plantas o seus valores destacándose as súas propiedades curativas e medicinais de cada unha das especies catalogadas na senda.
A senda ven a sumarse a outros atractivos como o recentemente decidido por convenio, como é o caso do refuxio de morcegos que se acordou para una colonia situada no pombal. O enclave ten ademáis outro valor natural de interés: Augas minerais que constituen tamén outro recurso natural de interés na zona ao atoparse nos estratos acuífero sobre os que se asenta o mosteiro.