A Estrada celebra a Festa das Palabras

La Voz

A ESTRADA

cedida

02 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O teatro Principal da Estrada acolleu onte unha Festa das Palabras adaptada á situación de crise sanitaria. Non puideron asistir os 62 premiados da oitava edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada, pero si se fixo unha entrega simbólica de premios, igual ca o ano pasado. A profesora Cruz Buján abreu o acto en representación do colectivo Dinamizaestrada, que aglutina aos equipos de dinamización do galego dos centros educativos locais. O padriño do acto foi o escritor Xosé Luna. En representación de cada centro escolar subiron ao escenario un profesor e un alumno, en nome de todos os premiados. Todos eles terán como agasallo un libro editado cos 62 textos gañadores, limiar de Xosé Luna e 14 ilustracións de rapaces de Infantil.