Marcial Blanco: «A cooperativa xurdiu para que os cidadáns poidan controlar o que consumen»
ECONOMÍA
A Xunta entregará mañá á sociedade de economía social coruñesa Zocamiñoca o premio ós valores cooperativos.
03 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.A Xunta entregará mañá á sociedade de economía social coruñesa Zocamiñoca o premio ós valores cooperativos.
-¿Cando e por que xurde esta iniciativa?
-No ano 2009: queríamos apostar polo consumo responsable. Abastecer as persoas de produtos de calidade, con prezos xustos e establecer un vínculo cos produtores. Unha unión co campo.
-¿Que entende por consumo responsable?
-Xurdiu para que os cidadáns poidan controlar o que consumen: a procedencia, materiais que se empregan, quen está detrás. Chama a atención que temos unha terra con produtos de calidade aquí e compramos cousas que veñen de lonxe.
-¿Quen traballo con vos na cooperativa?
-Temos produtores de verdura fresca, xente que traballa pan e respostería, ovos, carnes e legumes. Entre todos sumanos uns trinta. Como socios hai unhas 140 unidades de consumo. Unha expresión que poderíamos sustituir por fogares. Aportaron de arranque un capital social, teñen unha cuota mensual e participan tamén da xestión da cooperativa. Eu son o único socio traballador en Zocamiñoca.
-¿Que volume de negocio ten esta iniciativa de economía social?
-A facturación pola comercialización de produtos alcanzou o ano pasado os 101.000 euros, unha cifra aparentemente pequena, pero moi relevante para manter a actividade dos produtores no medio rural: é moi importante manter relacións directas cos agricultores no so por reducir os custes dos intermediarios senón porque os cidadáns coñezan como traballan os seus produtos.