José Manuel Lage Tuñas, galego que seguiu a parte final da campaña con Susana Díaz

Mariluz Ferreiro A CORUÑA

ESPAÑA

Susana Díaz

«Como tódolos bos equipos, imaxino que se o PSOE ten a Messi non o vai a deixar no banquillo»

25 mar 2015 . Actualizado a las 18:18 h.

«A marca era Susana». Houbo dúas persoas alleas ao PSOE andaluz invitadas para acompañar a Susana Díaz na noite electoral. O vasco Ernesto Gasco, candidato socialista á alcaldía de San Sebastián, e o galego José Manuel Lage Tuñas (Noia, 1977). Este último viviu a campaña de Díaz desde dentro e desde diferentes prismas. Como investigador social da Universidade de Santiago de Compostela, como consultor institucional no sector privado e tamén como político socialista, xa que é membro do Comité Nacional do PSdeG, e foi deputado parlamento galego e membro do Comité Federal do PSOE. Na súa etapa como secretario xeral das Xuventudes Socialistas coñeceu a Díaz hai 18 anos, cando era a súa homóloga en Andalucía, e é amigo persoal dela.

-¿Por qué escoulleu a campaña andaluza?

-Ao sistema estánselle abrindo as costuras. Non sabemos cal é a estación Termini. Para min era interesante presenciar a primeira das catro citas electorais que se celebrarán este ano en España cos novos partidos. E, ademais, aquí tiven máis fácil facer un seguimento.

-¿Que diferencias viu entre a campaña andaluza e outras que viviu vostede?

-Pois que foi unha campaña con moita menos parafernalia, máis espontánea, menos encorsetada. Cun trato moito máis directo coa rúa, coa xente. A candidata non marchaba correndo dos actos, quedábase igual unos 20 ou 30 minutos a saudar a todos, a facer fotos. E ía cun grupo reducido, sen unha cohorte de aduladores. Foi unha campaña como de outra etapa política, máis directa e primaria. Porque agora normalemente os candidatos o que buscan é non fallar, o empate. Parece que hai medo a que o carácter do candidato saia á luz. Susana fala para que a xente o entenda, rompe o linguaxe administrativo. 

-Foi unha campaña moi personalista.

-Os datos que manexaba o seu equipo indicábanlles que había que potenciar á candidata fronte á marca do partido. Creo que Susana é unha bendición para o partido. Un fenómeno social.

-Precisamente algúns critican o carácter de Díaz, que ten certa fama de implacable cando toma unha decisión.

-É unha persoa de conviccións, froito da súa historia personal. A filla do fontaneiro. A primeira en estudiar nunha universidade da súa familia.

-O de Susana Díaz é innegable, ¿pero ata onde pode chegar? 

-É unha das figuras políticas de maior relevancia en España e no PSOE. Non so como presidenta da Junta de Andalucía. Ten forza e liderazgo. O tempo amosará en que grao e en que papel. Como tódolos bos equipos, imaxino que se o PSOE ten a Messi non o vai a deixar no banquillo, e neste caso creo que é obvio que Susana é unha das persoas claves no presente e no futuro do PSOE.

-Insistou en separarse de José Antonio Griñán e de Manuel Chaves.

-Creo que ela demostra a capacidade de renovarse do PSOE desde dentro e desde o poder.

-Ela tamén puxo unha barreira con Pedro Sánchez e envolveuse na bandeira andaluza.

-Ela quixo facer una campaña en clave andaluza, illándose do ruido da política estatal. Foi unha campaña andaluza 100 % e acertou.

-Foi máis xeneroso Pedro Sánchez con Susana Díaz que ao revés. ¿Como é a relación entre eles?

-Teñen unha relación moi respetuosa e normal. 

-¿Como valora o papel de Pedro Sánchez no PSOE?

-Pedro Sánchez está facendo un gran esforzo por levantar ao PSOE, tarefa nada fácil dado o difícil momento que se está a vivir. É un líder que se está facendo.