A coñecida poetisa e xornalista Eva Veiga presentará hoxe o seu novo libro no Ateneo Ferrolán cun recital en directo
23 jul 2014 . Actualizado a las 12:57 h.A poetisa eumesa Eva Veiga (1961, Pontedeume) presenta hoxe as 20.30 horas no Ateneo ferrolán, o seu novo poemario acompañada dun recital poético-musical ofrecido polo Grupo Oriol.
-O seu libro «A distancia do tambor» foi publicado pola editorial Espiral Mayor como parte do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño que gañou o ano pasado, ¿é difícil hoxe en día encontrar editoriais dispostas a publicar poesía?
-Non é sinxelo, xa que non lles é doado. Coa poesía xa se sabe que non se gañan cartos. Publicar poesía é un acto de amor, esixe traballo e xenera poucos beneficios.
-¿Cómo definiría a súa obra e en que se inspirou para escribila?
-A obra naceu da toma de conciencia da situación das mulleres en debilidade. Na rodaxe do largometraxe A cicatriz branca, o cal protagonicei, tiven tempo para pensar e poñerme na pel desas mulleres. Existen milleiros de mulleres e nenos que deben percorrer mundo sen saber onde ir, expostos a crueldade dos homes.
A obra é unha proxección ética sobre o social e o ser da linguaxe, neste caso a poesía.
-Durante moitos anos traballou na televisión, ¿bota de menos a súa faceta de xornalista?
-Claro que se bota de menos, sobre todo esa relación urxente coa realidade. Por outra banda, a poesía tamén é unha forma de comunicación, aínda que con outros tempos. Non obstante, recoñezo que o tempo que traballei na televisión fun moi feliz.
-¿Que futuro lle augura a poesía galega, cree que se seguirá apostando por este xénero?
-É imposible que desapareza, é unha necesidade vital para a xente. A poesía é o testamento máis verídico dun pobo, trasmite os sentimentos e o seu sentir xeral.