Xaquín Marín dirixiu dous obradoiros no IES Cabo Ortegal, en Cariño

LA VOZ CARIÑO

CARIÑO

O ilustrador deleitou aos rapaces cos seus debuxos e anécdotas da súa traxectoria vital e profesional

18 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O ilustrador e humorista gráfico Xaquín Marín imparteu o xoves dous obradoiros no IES Cabo Ortegal, un para os alumnos do segundo ciclo da ESO e outro para os de Bacharelato. «Ademais de gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional», destacou o director, Manuel Otero. Esta actividade foi organizada polo departamento de Dinamización da Lingua Galega.