Entre o 72 e hoxe hai moitas diferenzas. Pero tamén algún parecido.
No 72 loitabamos polos dereitos democráticos. Hoxe toca defendelos porque o PP tamén os recorta: máis de 300 traballadores procesados ou condeados a prisión por un artigo metido no Código Penal ó final da ditadura e que, tras 40 anos, o PP volve a usar.
Aquí temos un exemplo dese autoritarismo: o CNI veta a Xaquín García Sinde por «participar en grupos cuxos ideais defenden unha estratexia revolucionaria: de clase, anticapitalista e internacionalista». E o veta malia recoñecer que as actividades de Xaquín son lícitas! Ós que vivimos o 72, isto tráenos á memoria os tempos en que na Bazán os sospeitosos de ser rojos non podían entrar nos buques militares.
É intolerable que o Estado considere a un traballador como un risco por actividades políticas legais. Este 10 de Marzo os sindicatos deben denunciar este atropelo. Non esquezamos o sabio poema: «Primeiro viñeron a polos comunistas...».