Carmen Blanco reúne manuscritos, debuxos e documentos orixinais de Manuel María nun fermoso volume editado pola Universidade de Santiago
27 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O tributo que anualmente lle rende a USC á voz protagonista do Día das Letras, nesta ocasión da man de Carmen Blanco, resulta fascinante e, sen dúbida, fermosísimo. Ao exquisito tratamento editorial e ao documentado e clarificador limiar que subscribe a profesora lucense incorpóraselle un relevante rescate documental como é o facsímile do manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e mais nove debuxos de Manuel María que, entre outras consideracións, resultan operativos para nos achegar á dimensión artesanal do traballo poético de Manuel María. Neste libro atópanse tamén versos exemplares como os que titulan este artigo.
Manuel María. Día das Letras Galegas 2016. Carmen Blanco García. Universidade de Santiago de Compostela. 125 páxinas. 12 euros