Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Sentimentos nunha época de mudanzas

R. Nicolás

FUGAS

Álvaro Ballesteros

María Solar estréase na narrativa para adultos cunha proposta que reconstrúe os últimos anos 70 cunha homenaxe implícita á loita das mulleres pola emancipación

08 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Estréase María Solar como narradora para un público adulto e faino erixindo unha proposta minuciosa e brillante na reconstrución das atmosferas, ofegantes e esperanzadas a un tempo, daqueles anos finais da década dos setenta: páxinas transparentes e evocadoras tanto na descrición dos obxectos e espazos tanxibles como naquilo que se ancora no territorio dos sentimentos. Transita polo libro unha implícita homenaxe á loita das mulleres por ocupar o seu propio espazo e por acadar a súa independencia a cabalo de tres xeracións nas que a forza motriz da súas vidas é o amor, por veces o desamor, que verbaliza e substancia o ímpeto do cambio vixente daquela época.

As horas roubadas. Novela. María Solar. Xerais. 232 páxinas. 15 euros