![El escritorio con su mujer Anisia, también escritora, y Otero Pedrayo en 1959](https://img.lavdg.com/sc/v0dFG9fEftVxe1MoltygRQkYGIk=/480x/2015/11/27/00121448625482958546894/Foto/BIF037E02.jpg)
![Durante una entrevista en el programa Vía V de Fernanda Tabares, en el año 2012](https://img.lavdg.com/sc/XInlDDNX7fZptpxezIdsPB6PMGI=/480x/2015/11/27/00121448625781967175764/Foto/K05M2001.jpg)
![Entrega de la medalla Alejo Carpentier del Consejo del Estado de la República de Cuba a Neira Vilas, en la imagen con el rector de Santiago Casares Long y el consul de Cuba](https://img.lavdg.com/sc/-ArnOj8LT3HXt5iOcyYMDwEpEfo=/480x/2015/11/27/00121448625722709216936/Foto/S23J1087.jpg)
![En la exposición Memorias dun neno labrego, en Ourense en el 2011](https://img.lavdg.com/sc/JfV5uw3H70Z_czVtqTJqjl5LQ1o=/480x/2015/11/27/00121448625722058134242/Foto/O23N1212.jpg)
![Neira Vilas era doctor honoris causa por la Universidad de A Coruña](https://img.lavdg.com/sc/58KDhZ8LFwngGrqN2NWrpfdkf88=/480x/2015/11/27/00121448625242805866744/Foto/H26E7005.jpg)
![Imagen de finales de los 80, en la que Neira Vilas y Gonzalo Torrente Ballester firmaban libros](https://img.lavdg.com/sc/r9Pqq8AuTDmxak_qUXjIG-TdvGU=/480x/2015/11/27/00121448625182925841127/Foto/BIF037B23.jpg)
![Junto a su casa de Gres, donde tiene su sede la fundación](https://img.lavdg.com/sc/Q25V035z-jbLGLmv3Y4d2_Auim0=/480x/2015/11/27/00121448625123078381423/Foto/v30y3104.jpg)
![Los homenajes fueron una constante en su vida, (en la imagen del Instituto del monasterio de Celanova)](https://img.lavdg.com/sc/unyHDGHKD7pAIMdBna_FdYZ1Oh0=/480x/2015/11/27/00121448624942694126558/Foto/o07o4648.jpg)
![Imagen del año 94, cuando el escritor acudió a firmar ejemplares al instituto de Ponteceso, en O Couto](https://img.lavdg.com/sc/G0zboM9dWlGuhAbQI12ZBPc6F1M=/480x/2015/11/27/00121448624822728187306/Foto/C08A4043.jpg)
![La vivienda de Vila de Cruces de Neira Vilas se convirtió en sede de la fundación y museo. En la imagen, en el 2002 cuando la asociación Monte Branco entregaba un saxofón para el museo](https://img.lavdg.com/sc/UDzeWvPsSPGrdEhwQeTwT2Z38tY=/480x/2015/11/27/00121448624703074995983/Foto/C01O2064.jpg)
![Neira Vilas, con dos alumnas del IES Leiras Pulpeiro de Lugao, que se hicieron un selfie con el escritor, este mismo año en abril](https://img.lavdg.com/sc/VZ79v3uTAvbXRLuIJX4zPYMPYNA=/480x/2015/11/27/00121448626203026205814/Foto/L16A5035.jpg)
![Neira Vilas y Anisia, cubana, en su casa de La Habana](https://img.lavdg.com/sc/96BJHAk7S2Reb7GyQ9PLo9VwB6M=/480x/2015/11/27/00121448628062628714941/Foto/BIF037B24.jpg)
![Neira Vilas y su esposa entregan a la Real Academia Galega más de cien cartas de Murguia](https://img.lavdg.com/sc/HaM-sc9q4TFxgozLINB7BTiL3LY=/480x/2015/11/27/00121448628061805987980/Foto/H12L0210.jpg)
![Con su mujer en una charla en los años 90](https://img.lavdg.com/sc/9mSfJBd_ABZIO9wz8KO65zrAhrc=/480x/2015/11/27/00121448628002983793675/Foto/C08A4042.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/oKlr2WWcoQ_xchv3H3E47FBgs1E=/480x/2015/11/27/00121448628302040136131/Foto/o27j4320.jpg)
![En un homenaje a su mujer en Gres en el año 2010](https://img.lavdg.com/sc/XvZGgN7nbP2Ec99-wDN2ti6XOEM=/480x/2015/11/27/00121448628181850510320/Foto/D21O0040.jpg)
![Neira Vilas en un instituto firmando libros. Memorias dun neno galego era un imprescindible de la enseñanza en Galicia](https://img.lavdg.com/sc/OICWOfxBAGS5THgMzgIP2655xWA=/480x/2015/11/27/00121448628181234140572/Foto/M06Y0137.jpg)
O autor de «Memorias dun neno labrego» será soterrado mañá sábado en Vila de Cruces
27 nov 2015 . Actualizado a las 22:35 h.A noite xa caía sobre Santiago de Compostela cando os restos mortais de Xosé Neira Vilas subían este venres a escalinata de San Domingos de Bonaval, onde quedou instalada a súa capela ardente. Una salva de aplausos acolleron o cadaleito do autor de Memorias dun neno labrego, falecido a pasada noita na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, á idade de 87 anos.
Persoas como o secretario da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez, o músico Roi Casal, o dramaturgo Cándido Pazó levaron o féretro sobre os ombreiros ata o interior da igrexa, ao igual que fixeron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ou o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Tamén estivo presente o conselleiro de Cultural, Román Rodríguez, quen destacou ao finado galeguista como o punto de inicio de moitas xeracións á lectura en galego, así como Vítor Freixanes, director da editorial Galaxia, ou a catedrática Margarita Ledo ou Xavier Vence, portavoz nacional do BNG.
Na capela de Bonaval, ao carón do Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos de Rosalía de Castro, Castelao ou Ramón Cabanillas, poderáselle render a última homenaxe a Neira Vilas até a medianoite de hoxe. Mañá reabrirá a capela, entre as 9 e as 16.30, pois a esa hora sairán os restos con destino a Vila de Cruces, onde será soterrado ás 17.30 horas.
Á capela ardente empezaron a chegar flores e recordos dende diferentes puntos de Galicia. Unha gran coroa da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultura Vista Alegre, de Silleda, e de varios colexios. E xunto do cadaleito lucía unha caricatura do galeguista, feita en 1997, e moi pertiño tamén un debuxo enviado por una cativa do colexio Raiola, de nome Lía, no que retrata a Balbino, «un neno de aldea, como quen dis un ninguén», o personaxe inmortal de de Memorias dun neno labrego.