Despois de oito anos da Administración Feijoo a demografía é regresiva, a economía padece de anemia, a paisaxe social está devastada e a Administración autonómica conta con menos capacidades. Sabemos que non todo debe aparecer no debe da acción dos sucesivos Gobernos do Partido Popular. Hai unha situación global que afecta singularmente aos países da periferia europea e unha adversa conxuntura española na que deben operar cada unha das comunidades autónomas. Con esta cautela, a nosa percepción é que moitas das políticas practicadas en Galicia agravaron as cousas, e deben ser cambiadas.
Sen embargo, a cidadanía non optou polo cambio. Temos agora catro anos por diante para perfilar os argumentos, corrixir os erros de mensaxe e aproximarnos mellor ás demandas sociais. Para entender mellor os medos, desexos e aspiracións dos votantes, reais ou potenciais, aos que queremos representar. Faremos unha oposición seria e responsable que permita facer avanzar a Galicia.