![](https://img.lavdg.com/sc/yCVmyGjeVLZmbmmZFQ2Qd8JATdY=/480x/2016/12/11/00121481458620978519386/Foto/M10D6027.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/7LrOXoKHFjYmplMUtkKlK6RgcHk=/480x/2016/12/11/00121481458621448251134/Foto/M10D6026.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/OFFpPXhYy9SnEyzruUXCKmwDK3o=/480x/2016/12/11/00121481458562525449116/Foto/M10D6018.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/9kqJs8qWcG9WJdA33ewor5MNZAQ=/480x/2016/12/11/00121481458502001352800/Foto/M10D6020.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/PPEsV4a-ZdWSzh0Kv6lR9fOxJIg=/480x/2016/12/11/00121481458442386935803/Foto/M10D6022.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/W6hPjnNvX3NUil_bbf_VRji5PzU=/480x/2016/12/11/00121481458441802923212/Foto/M10D6023.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/nJt4xZp9qALkv8F31PSn_rpg4FE=/480x/2016/12/11/00121481458382089230498/Foto/M10D6033.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/7fqkUSS5RPfFid7296KUOfXSdLc=/480x/2016/12/11/00121481458382059778259/Foto/M10D6032.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/g7-jFchKoG_q9KugiYXQknjzCNU=/480x/2016/12/11/00121481458323563302283/Foto/M10D6035.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/l8ODKkGGFABdXf_keGfSMhDOcsU=/480x/2016/12/11/00121481458322722719465/Foto/M10D6036.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/OWq9bk79giUKOAn-twD89gfzCXg=/480x/2016/12/11/00121481458262330619238/Foto/M10D6031.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/HURNu0C0sej2gaSV2jYkx0e2s-M=/480x/2016/12/11/00121481458262257486178/Foto/M10D6029.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/LhvJV4RNNJhhkqKVe_DAVOn19n8=/480x/2016/12/11/00121481458201347315483/Foto/M10D6030.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/txMGuDfLZzHp0HLUG-0-VlpQnZc=/480x/2016/12/11/00121481458200891338681/Foto/M10D6028.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/xH4thbfViGEL7IM6pHVAiC10578=/480x/2016/12/11/00121481458142789156845/Foto/M10D6038.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/x_ZvTiF9eo8Bi4lL2KXqoDFQpVM=/480x/2016/12/11/00121481458141714840494/Foto/M10D6039.jpg)
O popular festexo gastronómico e etnográfico atraeu a centos de visitantes
11 dic 2016 . Actualizado a las 19:18 h.Centos de visitantes abarrotaron onte a localidade de Froxán para asistir á xa tradicional Festa da Pisa da Castaña do Courel, que chegou este ano á súa edición número dezaoito. O tempo soleado favoreceu sen dúbida a afluencia de visitantes, pero o festexo goza xa de suficiente popularidade como para a atraer xente de toda Galicia mesmo cando a meteoroloxía se presenta adversa.
Como é habitual, a principal atracción foi a recreación do método da tradicional da pisa das castañas secas e moitos visitantes animáronse a bater contra un tronco un saco cheo de froito para desprenderlle as cascas, que se sacuden despois co bandoxo, unha grande bandexa de madeira. O programa organizado pola asociación cultural Fonte do Milagro sufriu algún cambio. O pregón non foi pronunciado pola actriz Susana Dans, que non puido viaxar a Froxán por motivos familiares. Foi substituída polo poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín, que xa exercera de pregoeiro nunha ocasión anterior. Ao longo da xornada, por outro lado, non faltaron actuacións musicais.