A peña celtista organizou unha xornada de confraternización coincidindo co Día das Letras Galegas na que participaron Irmandiños 1923 e Arribada, que levou a vitoria
18 may 2015 . Actualizado a las 17:00 h.O Colectivo Nós, peña celtista creada no 2013, desenvolveu onte unha xornada de convivencia con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O pretexto escollido para xuntarse foi un pequeno torneo de peñas no que participaron Arribada Celeste -que resultou gañadora-, Irmandiños 1923 e dous equipos da propia agrupación organizadora que se dividiron en Nós Castelao e Nós Rosalía. Este último conxunto caeu na final frente á peña baionesa -á que este campionato lle serviu para prolongar a celebración do seu terceiro aniversario- por 1-0.
¡Gañadores do torneo @1923NOS ! Grazas pola invitación e unha boa xornada de celtismo. #FelizDiaDasLetrasGalegas pic.twitter.com/wdZBDbyhHK
? Arribada Celeste (@ArribadaCeleste) Mayo 17, 2015
«Como colectivo galeguista, non podía ser que non organizaramos nada nesta data, así que chamamos a varias peñas e o que queríamos era un pouco facer fame para a churrascada posterior», comentan desde a peña que deu pulo ao que deron en chamar o I Torneo das Nosas Letras. Tamén invitaron a outras como Carcamáns (A Illa), Merlegos (Santiago de Compostela), Porcos Celtas ou Baixo Miño, aos que non lles foi posible acudir.
Unha vez finalizado o campionato disputado en San Miguel -que acabou con dous lesionados como único incidente que lamentar-, os peñistas comeron xuntos. «Houbo moi bo rollo, así que estamos moi contentos porque se cumpriu o obxectivo que buscabamos», celebran. Depois, xa cada peña pola súa banda, foi o momento de ver o partido entre o Celta e o Valencia que se disputou en Mestalla.
Tanto estas como outras peñas lembraron tamén o Día das Letras Galegas a través das redes sociais:
Bo día das Letras Galegas a tódolos vigueses, galegos e familia celtista!! #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/bAscTJN5vG
? Morriña Celeste (@MorrinhaCeleste) Mayo 17, 2015
Feliz día das letras galegas Centol@s. So decirvos que mañá seguiremos usando a nosa lingua tratando de aprender a facelo mellor día a día.
? Centolos Celestes (@CentolosdoCelta) Mayo 17, 2015
Para o noso colectivo, que defendemos o galego todo o ano, hoxe é un día de lecer e xuntanza celtista cun mini torneo de fútbol7 e xantar.
? Colectivo NÓS (@1923NOS) Mayo 17, 2015
#FelizDiaDasLetrasGalegas pic.twitter.com/EiDrn72kTK
? Arribada Celeste (@ArribadaCeleste) Mayo 17, 2015
Feliz dia das letras Galegas ? pic.twitter.com/eXUOizNuPX
? LE-CHUZAS CELESTES (@le_chuzas) Mayo 17, 2015
No 17 de Maio e no resto do ano, animando en #Galego ó primeiro equipo de #Galicia #SempreCelta #SempreEnGalego pic.twitter.com/ZhlODItGlK
? Preferencia Celeste (@PrefCeleste) Mayo 17, 2015
Bo día das Letras Galegas e que sexan os 364 tamen. #17M #DíaDasLetrasGalegas e por un @rccelta_oficial en galego.
? Peña Zeru Urdin (@Zeru_Urdin) Mayo 17, 2015