Lo que no mata hace más fuerte

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Premios en la modalidad de opinión

22 may 2013 . Actualizado a las 13:23 h.

Lo que no mata hace más fuerte. Primer Premio Jenifer Balseiro Fernández IES de Ortigueira

No hace mucho tiempo he tenido que pasar por algo tan duro como es el acoso escolar. Han sido años muy duros en los cuales me sentía como una auténtica porquería, un objeto... Me daba igual estar guapa, fea, arreglada, menos arreglada... Mi cabeza solamente giraba en torno al miedo que les tenía a mis compañeros y solo pensaba qué sería lo próximo. Pero ahora no. He aprendido que estando triste y mal no se gana nada, no se va a ninguna parte.

He tocado fondo y sé lo que hay, pero no quiero seguir sumergida en ese infierno. Me niego. Y, le pese a quien le

pese, he resurgido como el ave fénix y,

por mucho que lo intenten, ya no podrán conmigo. He descubierto que, si quiero ser algo en la vida, no me puedo quedar mirando la escalera. Hay que empezar a subir, escalón a escalón, hasta llegar arriba.

Cambiar de rumbo ha sido, sin duda, lo que me ha ayudado a madurar. Y madurar no es pensar en que ya tienes 17 años y que ya eres lo suficientemente mayorcito o mayorcita para realizar ciertas cosas, sino afrontar la vida con todas sus consecuencias y ser capaz de distinguir cuál es el mejor camino. Este puede parecer largo, lo sé. Pero, aun así, sigue adelante, siempre. Cuando te das cuenta, ya habrás recorrido la mitad del camino y todos tus miedos y todo este sufrimiento los tendrás más que superados. Y lo mejor para salir adelante es soñar y ponerte metas. Pero no metas grandes. Son mejores las pequeñas, porque con las grandes corremos el riesgo de llevarnos grandes decepciones. Valora más a tu familia, a tus amigos y todas las cosas buenas que te rodean. Y, sobre todo, sigue remando. ¿Que se cae algún sueño o algún proyecto? ¡Ya aparecerán otros! De todo se aprende.

Gente de mi edad no entiende mi actitud en algunas ocasiones, pero yo cumplo con lo que tengo que cumplir, que es estudiar. Sé lo que quiero y a quién quiero y, llame o no la atención, seguiré luchando. Y, en cuanto a mis padres, intento corresponder en la medida que puedo con todos los sacrificios que ellos han hecho por mí. Sí, porque lo que tengo me importa y es por eso por lo que debo luchar. Así que, a todas esas personas que han pasado o están pasando por un problema tan grave como es el acoso escolar, tengo que decirles que de todo se sale. Todo en la vida, excepto la muerte, tiene arreglo, solo hay que saber encontrarle la forma. Al principio, las cosas no son demasiado fáciles, pero recuerda que el trabajo más difícil es el más gratificante.

2.º de bachillerato

IES de Ortigueira (A Coruña)

? PRIMER PREMIO

Jenifer Balseiro Fernández. 2.º de bachillerato del IES de Ortigueira (Ortigueira-A Coruña).

? Premio: Un MP4 iPod Touch.

? Premio al profesor: M.ª Luisa Montero Seijas.

? SEGUNDO PREMIO

Fernando Vargas Ursúa. 2.º de bachillerato del colegio La Salle (Santiago-A Coruña).

? Premio: una cámara de fotos digital.

? Premio al profesor: Xoán Luís Rilo Toubes.

? TERCER PREMIO

Aida González Vázquez. 2.º de bachillerato del CEIP Divina Pastora (Ourense).

? Premio: una bicicleta.

? Premio al profesor: Gonzalo Sánchez Busóns.

? Premio para los profesores: Una estancia de dos noches para dos personas en hotel-«spa» de cuatro estrellas en Galicia (gentileza de Oca Hoteles).

O purgatorio das letras. Segundo premio. Fernando Vargas Ursua, Colegio La Salle, Santiago

Un día, Manuel Azaña escribiu: «En España, a mellor maneira de gardar un segredo é escribir un libro». Esta afirmación, crítica e humillante a partes iguais, describe con alarmante precisión a situación que vivimos neste país. A televisión, os videoxogos e as redes sociais substitúen á lectura, esencial para a formación dunha persoa cultivada e con espírito crítico.

Na actual era da información, as posibilidades de adquirir e ler un libro son case infinitas. Temos tabletas, e-books e Internet ao noso alcance, mais o índice de lectura baixa a ritmo vertixinoso. Mellor dito, o índice de lectura de libros baixa, xa que as revistas viven nestes momentos unha época dourada, especialmente as deportivas e sensacionalistas. Isto é un reflexo claro do ocio na sociedade actual: entretemento fácil e sinxelo onde pensar non ten cabida. Comparándoo ca Roma antiga, sería o circo, cuxa función era manter á xente distraída e inconsciente da súa situación. Pero non, os libros que merecen a pena non seguen esa liña.

Nestes, os autores plasman as súas ideas e aprendes coas vivencias e conflitos interiores dos seus personaxes grazas ao mecanismo máis potente que ten a humanidade, a imaxinación. Para xenial obra, Fahrenheit 451, inspiradora destas verbas e obra mestra do escritor estadounidense Ray Bradbury.

Esta sitúase nun mundo futuro onde os libros xa non teñen cabida porque a xente non é quen de ser feliz se os le, porque a ignorancia é sinónimo de felicidade e canto menos coñezas mellor. Os libros provocan nas persoas unha estraña tendencia á reflexión e a crenza de que este mundo no que vivimos non é como deberíaa ser e isto debe ser eliminado de inmediato. Esta premisa, clave no libro, semella remota na actualidade mais, camiñamos cara a un mundo sen lectura? Observando o comportamento dalgúns individuos, cada vez máis abundantes, aos que escoitamos dicir, cheos de orgullo e arrogancia «A min non me gusta ler» e que miran cunha ollada perdida, estrañados, ás cada vez menos persoas que len, podemos dicir sen temor a equivocarnos que si.

Os libros son a menciña da alma e a cura fronte a ignorancia. Mentres existan, a esperanza por un mundo mellor, o pensamento reflexivo e a evasión da realidade serán posibles. Por iso é moi recomendable seguir o exemplo de Groucho Marx: «Encontro a televisión moi educativa. Cada vez que alguén a acende, retírome a outra habitación e leo un libro».

Verdades por contar. Tercer premio. Aida González Vázquez. CEIP Divina Pastroa Ourense

O día que se atoparon a morte e máis José Couso eu tiña 7 anos, polo que aínda non sabía se quería ser xornalista, veterinaria, actriz ou enxeñeira aeroespacial, pero lembro perfectamente as imaxes do telexornal das nove sementando o silencio no salón da miña casa. E lembro tamén as conversas dos maiores nos días seguintes, cos seus «non hai dereito»; a aqueles que dicían que «iso lles pasa por irse meter onde non os chaman» e a solidariedade emocional inmediata con esa nai descoñecida que perdera ao seu fillo da maneira máis absurda nunha guerra que non era a súa.

Se algo entre todo iso quedou claro é que dereito non hai, e máis que probado está cando unha década despois a familia aínda segue á espera dun xuízo baixo os parámetros da legalidade internacional que aclare se realmente estamos a falar, como dixo o xuíz Pedraz, dun plan deseñado polo Exército dos Exércitos para amedrentar aos medios despregados con motivo da barbarie bélica ou, tal e como declarou a Audiencia Nacional, dun «acto de guerra contra un inimigo erroneamente identificado».

Dicía George Orwell que o xornalismo consiste e publicar aquilo que alguén non quere ver publicado. Se algún inimigo agardaba por aquel proxectil no hotel Palestina de Bagdad, non lle corresponden nin un nome nin uns apelidos. Trátase dun inimigo abstracto que non é outro que A Verdade, con letra maiúscula e artigo diante, transparente e eterna na súa tendencia a escapar dos límites do coñecemento humano e, tristemente, da listaxe de intereses prácticos dos Gobernos.

E quero pensar que ese sacrificio non foi en van. Quero crer que neste caso a propia Verdade saíu á luz por si mesma, malia a caída daquel que non estaba alí para ser noticia, senón para nos contar o que estaba pasando aos que nada nos pasou, porque estabamos sentados na casa diante do televisor. Agora que si que sei que quero ser xornalista, quero crer que algún día os Gobernos se decatarán de que a prensa é unha ferramenta indispensable da cidadanía, e de que mentres non se permita un exercicio transparente, obxectivo e pleno da labor dos que están destinados a ser os ollos do pobo ao pé da noticia, non terá sequera sentido mentar a palabra democracia. A Verdade de Couso é só unha das moitas Verdades de Irak que aínda quedan por despexar. Quero crer que é deste tipo de sucesos do que deben recoller as novas xeracións de xornalistas a motivación para seguir loitando por contar as Verdades. Estas e moitas máis.

2.º de bachillerato

Colegio La Salle (Santiago)

2.º de bachillerato

CEIP Divina Pastora (Ourense)

SEGUNDO PREMIO

TERCER PREMIO