Os 12 campos de actividade da ONU

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

As escolas de Guinea reabriron en xaneiro despois de permanecer pechadas durante tres meses polo ébola
As escolas de Guinea reabriron en xaneiro despois de permanecer pechadas durante tres meses polo ébola Martine Perret

Son moitos máis, desde logo. Pero estes son, polo menos, os que se cita no vídeo oficial para conmemorar o seu o 70.º aniversario da ONU e que leva o título «O mundo celebra o Día das Nacións Unidas». ¿A ONU é noticia en cada un destes campos? ¿Ou estes 12 obxectivos quedan no papel e non chegan a ser noticia no xornal (http://bit.ly/1jq0ii3)? Pois imos comprobalo, xornal en man. Xa sabes: busca o desenvolvemento destas noticias escribindo as primeiras palabras do título na lupa de www.lavozdegalicia.es. E boa sorte.

21 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1. A ONU... promove a saúde materna

(La Voz, 15 de xaneiro do 2009) Ter un fillo segue sendo un gran risco para a saúde das mulleres do terceiro mundo

  • O 99% das mortes de mulleres derivadas do embarazo e as súas complicacións prodúcense no mundo en desenvolvemento. Así o subliña o Informe anual 2009 sobre Saúde materna e neonatal presentado hoxe por Unicef, organismo da ONU.

2. Combate o cambio climático 

(La Voz, 31 de agosto do 2015) A ONU non ten diñeiro para organizar o cume do cambio climático de París

  • A menos de 100 días da gran conferencia sobre o clima en París, a ONU advertiu este luns de que non hai suficiente diñeiro para financiar esta reunión mundial, da que se espera un ambicioso acordo contra o cambio climático.

3. Axuda ás persoas en urxencias

(La Voz, Sídney, 15 de marzo do 2015) Vanuatu declara o estado de urxencia tras o paso do ciclón Pam

  •  Hai miles de damnificados e cuantiosos danos materiais. A axuda, que se destinará principalmente a axencias humanitarias como a Cruz Vermella e a ONU, inclúe o envío de avións militares e o despregamento de persoal, médico, humanitario 

4. Traballa pola paz 

(La Voz, 1 de outubro do 2015) Israel, disposto a renovar as negociacións de paz con Palestina

  • O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, compareceu este xoves na Asemblea Xeral da ONU para puntualizar que as conversacións serían «directas e sen ningunha condición previa»

5. Loita contra a pobreza

(La Voz, 4 de xullo do 2014) A ONU esixe máis medidas sociais e de emprego pola freada do desenvolvemento humano.

  • Estas son as principais conclusións do Informe de desenvolvemento humano 2014,elaborado pola ONU e presentado en Tokio, que estima en 2.200 os millóns de persoas que vivirán en situación de pobreza.

6. Vacina aos nenos

(La Voz, 24 de abril do 2012) Cada día morren 1.400 nenos de malaria, unha «traxedia monumental» para a ONU

  • Son vidas que se poderían salvar cun investimento moi pouco custoso: investir na próxima xeración de ferramentas contra a malaria [...] e avanzar cara a unha vacina», afirmou Ban.

7. Alimenta ás poboacións famentas

(La Voz, 27 de maio do 2015) Por primeira vez, menos de 800 millóns de persoas pasan fame no mundo

  • Os datos foron divulgados este mércores en Roma pola Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

8. Asiste aos refuxiados

(La Voz, 27 de setembro do 2015) Facebook asóciase coa ONU para levar Internet a campos de refuxiados

  • O conselleiro delegado de Facebook, Mark Zuckerberg, dixo hoxe que está a traballar coas Nacións Unidas para tratar de facilitar o acceso a Internet nos campos de refuxiados.

9. Promove os dereitos humanos

(La Voz, 8 de outubro do 2015). A ONU afirma que o caso Iguala reflexa a violación dos dereitos humanos en México

  • O alto comisionado da ONU para os Dereitos Humanos, Zeid Ra?ad al Hussein, afirmou hoxe que o caso dos 43 estudantes desaparecidos en setembro do 2014 é un exemplo da onda de violacións aos dereitos humanos que teñen lugar en México.

10. Fomenta o desarmamento

(La Voz, 28 de setembro do 2013) Os inspectores da ONU investigarán tres novos ataques químicos en Siria. 

  • A resolución prevé a destrución do arsenal químico de Al Asad e ameaza con sancións se incumpre o plan de desarmamento.

11. Traballa en favor dunha educación primaria universal

(La Voz, 5 de agosto do 2010) A ONU denuncia que o 70 % dos menores sen educación primaria son nenas 

  • Denunciou hoxe en México a alta comisionada para os Dereitos Humanos da ONU, quen pediu a súa maior inclusión en programas de ensino primario.

12. Traballa para previr conflitos 

(La Voz, 19 de febreiro do 2015) Poroshenko solicita a entrada de tropas da ONU en Ucraína. 

  • O presidente do país cre que é o xeito máis efectivo para monitorizar o cesamento do fogo acordado a pasada semana en Minsk.

actividades e recursos

?1. Setenta aniversario das Nacións Unidas: http://www.un.org/un70/es

2. Multimedia das Nacións Unidas: http://bit.ly/1RJC6m6. 

? Tes referencia a vídeos que poden servirche para o estudo de noticias e que relatan brevemente a acción da ONU en diversos campos de gran interese para conmemorar este día.

? E unilos con outras noticias que van aparecendo no xornal: as árbores, os horrores da guerra, testemuños de fotógrafos, palestinos e israelís, o papa Francisco na ONU, o sorriso dun neno, «Imaxine» de John Lenon, traballadores humanitarios, os 8 secretarios xerais da ONU.