30 de xaneiro: Xornada pola Paz e a Non Violencia

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

_

Conscientes de que os nenos sirios están medrando nunha infancia modelada pola violencia e o medo dunha guerra de adultos, o CEIP Barrantes, de Tomiño prepara para a o Día da Paz unha actividade que repara, asemade, no duro éxodo que moitos, acompañados das súas familias ou separados delas, emprenden para sobrevivir máis aló das fronteiras de Siria. Xunto a esta, podes ler outras noticias relacionados coa paz.

01 feb 2017 . Actualizado a las 19:11 h.

1. PAZ

Xornadas sirias

M.MORALEJO

M.MORALEJO

A iniciativa do CEIP Barrantes: «Dende o 16 ata o 27 de xaneiro iniciamos e desenvolvemos no CEIP Barrantes das Xornadas Sirias, que se levarán a cabo todos os días en primaria, nun tempo establecido de 20 minutos de duración, con posterior debate, análise, achegas, propostas… e que constarán de temas como: Introdución e contextualización da guerra de Siria, Música siria como demanda e protesta do conflito, Análise de noticias nos medios, na prensa, Deporte pola paz, Reinterpretación artística de imaxes. E dous obradoiros: un collage mural que van compoñer entre todos os alumnos de infantil e primaria dentro da escola e outro externo, no cerramento do centro, composto por mensaxes en flores pintadas que recollen as nosas protestas e indignación».

  • ACTIVIDADES: O luns 30 de xaneiro, Día da Paz, os nenos montarán o mural externo con todo o creado nos obradoiros e darán lectura ás frases e ao manifesto a prol da paz.

2. VIOLENCIA DE XÉNERO

Centros lalinenses acollen un taller sobre violencia de xénero no contexto dixital

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp, xunto co CIM de Lalín e a colaboración dos técnicos municipais de Igualdade, organizan hoxe un taller sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital. O taller educativo terá unha duración de dúas horas, e centrarase no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, como ciberviolencia de xénero, grooming ou extorsión, entre outros (La Voz, 17/1/2017).

  • ACTIVIDADES: Busca na lupa da web de La Voz o texto completo, citando as primeiras palabras do título en cada unha destas noticias.

3. PAZ: ISRAEL E PALESTINA

Máis de 70 países piden a Israel e Palestina un acordo de paz

Tal e como anunciou o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, a Conferencia de Paz de París resultou inútil e o conflito entre israelís e palestinos queda a expensas da nova política do próximo presidente de Estados Unidos, Donald Trump. Representantes de 70 países mostraron o seu apoio á solución dos dous Estados, pero non achegaron medidas concretas nin fixaron prazo algún para lograr un obxectivo «cada vez máis en perigo» debido ao auxe da violencia e á colonización israelí do territorio ocupado de Cisxordania e Xerusalén este (La Voz, 16/1/2017).

  • ACTIVIDADES: Consulta un mapa de Cisxordania e Xerusalén e investiga sobre a palabra «colonización» aplicada a este conflito.

4. VIOLENCIA EN SILENCIO

O silencio, ignorar o que lle pasa ao outro, é unha forma de violencia

Leva máis dunha década póndolle voz a África. Xavier Aldekoa (Barcelona, 1981). Hoxe mesmo recollerá o premio Revbela de Comunicación por A tribo maldita do lago, unha historia sobre a tribo buduma e o calvario que pasan co grupo xihadista Boko Haram.

?Definiu aos protagonistas como os esquecidos dos esquecidos. ¿Occidente segue negándose a mirar a África?

?Non é algo novo, pero si que hai un silencio sobre o que ocorre no continente africano. Con esta reportaxe o que quería facer era explicar unha pequena historia que ao final ten ingredientes universais que nos achega ao que ocorre alí.

(La Voz, 19/1/2017).

  • ACTIVIDADES: ¿Ignorar ao outro, que talvez vive preto de ti, puido ser causa de violencia na relación? ¿Algunha vez criticamos a alguén que, ao coñecelo mellor, comprobamos que nos equivocamos?

O pequeno libro dun solitario

> LLORENÇ VIDAL, FUNDADOR DO DENIP

O peregrino alzou os ollos no alto, como nun xesto de oración, e respondeu:

?¿É que os homes estamos tan embrutecidos que non podemos renunciar á

lei animal da violencia continua? ¿É que todas as transformacións

sociais han de xurdir da guerra (ese crime contra a Luz), da violencia

e da destrución? ¿É que os seres humanos, como as bestas, non

entendemos outra linguaxe? Se retornamos odio por odio, mal por mal e

violencia por violencia; o odio, o mal e a violencia non se terminarán nunca.

?Se respondemos, en cambio, e de acordo coa doutrina dos verdadeiros profetas, ao odio co amor, ao mal co ben, á inxustiza coa xustiza, e á violencia coa non-violencia, farémonos, a pesar das debilidades, dificultades e desconsolos, pioneiros e vangardistas do Reino da Paz.

?Mentres falaba fórase facendo o silencio. Os sinxelos de corazón e os de boa vontade asentiron ás palabras do forasteiro, pero os dirixentes do mitin intentaron apedralo.

?Irmán Pacífico afastouse aos poucos e despediuse dicíndolles: «Aínda que non queirades crelo, porque tedes o corazón embrutecido, nin a paz nin a xustiza social poden xurdir nin manterse sobre os canóns e as baionetas. Acumular armamento para asegurar a paz é tan contraditorio como incubar ovos de crocodilo e esperar que deles nazan andoriñas.

  • http://denip.webcindario.com/vidal4.html