Libros para rescatar a historia e a cultura das terras do Incio

Francisco Albo
francisco albo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

O primeiro volume da serie é unha antoloxía poética editada cun peculiar deseño.
O primeiro volume da serie é unha antoloxía poética editada cun peculiar deseño. Alberto lópez< / span> < / span>

Unha antoloxía de poemas inicia un singular proxecto editorial

22 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O 19 de xaneiro será presentado Poesía no Incio, o primeiro dunha serie de libros que ten por obxectivo rescatar e divulgar o patrimonio cultural e histórico deste municipio. A colección chámase Memoria do Incio e é promovida por un grupo de persoas entre as que se encontra Xosé Maceda, concelleiro e membro do conxunto musical Quempallou. «Non se trata exactamente dunha editorial, senón dun proxecto cultural no que colaborará un número variable de persoas, dependendo do contido de cada unha das publicacións», explica.

O primeiro libro da colección consiste nunha antoloxía de poemas sobre O Incio que recolle textos de Lois Pereiro, Uxío Novoneyra, Ánxel Fole, Marica Campo, Olga Novo, Manuel Rivas e Claudio Rodríguez Fer. Os dos tres últimos autores foron escritos expresamente para esta antoloxía. Os textos están acompañados con fotografías antigas, algunhas delas inéditas.

A publicación, dunha extensión reducida, distínguese especialmente polo seu deseño en forma de acordeón que o emparenta cos chamados libros obxecto e que será unha característica desta colección. «A nosa idea -sinala Maceda a este respecto- é manter este formato porque nos parece atractivo e un pouco distinto, pero introducirémoslle diversas variacións en función do tema que trate cada un deles». Deste xeito, un dos libros en proxecto, que estará dedicado á música tradicional do Incio, incluirá probablemente un cedé con gravacións.Outros libros da serie estarán dedicados ao patrimonio etnográfico e arqueolóxico e a outros aspectos da cultura tradicional. A intención dos editores é publicar ao menos un por ano, pero iso dependerá do tempo que se necesite para reunir e ordenar o material documental que se utilice en cada un deles.

Un millar de exemplares

Para esta primeira edición imprimiuse unha tiraxe dun millar de exemplares, que serán distribuídos en librerías do Incio, Monforte, Sarria e Lugo «a un prezo que será bastante módico», indica Maceda. «É unha