O día 15 exhibirase unha colección de fotos tomadas nesta parroquia de Bóveda entre as décadas de 1910 e 1970
05 abr 2017 . Actualizado a las 22:27 h.O local social da parroquia de San Cristovo de Guntín, en Bóveda, acollerá o próximo día 15 -ás nove da noite- a proxección pública dunha extensa colección de fotografías que mostran a vida cotiá da localidade ao longo do século pasado. As imaxes son cerca de catrocentas e foron reunidas por José Luis Gallego, un veciño da parroquia que as presentará baixo o título de «Xentes de Guntín de Bóveda». En agosto do ano pasado xa organizara unha proxección deste material, pero moitos dos asistentes tiveron que retirarse antes de que acabase debido ao calor excesivo.
As fotografías proceden das coleccións particulares de diversas familias de Guntín e foron feitas -segundo explica Gallego- durante un período que comeza en torno a 1914 e termina na década de 1970. A súa calidade e o seu estado de conservación é moi variado, xa que na súa maioría consisten en fotos caseiras, aínda que tamén hai numerosos retratos tomados por fotógrafos profesionais. Pero en conxunto constitúen un singular documento gráfico da vida diaria dos veciños do municipio e da comarca durante o pasado recente. José Luis Gallego tamén pretende mostrar estas fotos nunha exposición o próximo agosto.