Día das Letras Galegas 1969, Antonio Noriega Varela

Xosé Henrique Monteagudo Romero

LUGO CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:43 h.

Antonio Noriega estudou no Seminario da súa vila natal e exerceu como mestre nas serranías de Ourense (Trasalba) e Lugo (Vilarente).

Publicou dous libros de poesía: Montañesas (1904) e Do ermo (1920; 6.ª edición en 1946), que recolle o conxunto da súa obra. Certeiramente definido como «poeta da montaña», a súa inspiración arrinca do costumismo e a poesía social de fins do século XIX e comezos do XX (Lamas Carvajal, Leiras Pulpeiro), pero evoluciona cara a un certo modernismo, moi en sintonía co saudosismo lusitano (mantivo estreita relación con Teixeira de Pascoaes e outros escritores portugueses), caracterizado polo depurado rigor formal, a exaltación de vida sinxela a carón da terra e o sentimento relixioso vencellado á natureza, coa que nos seus mellores poemas establece un dialogo íntimo. Veciño e amigo de Ramón Otero Pedrayo, foi moi apreciado pola xeración Nós e gozou dun notable suceso en vida, conseguindo unha extraordinaria difusión das súas obras.

* Obra

-Montañesas, 1904

-A Virxen e a paisanaxe, 1914

-Do ermo, 1920

-Como falan os brañegos, 1929

Antonio Noriega Varela

*Mondoñedo, 1869

*Viveiro, 1947