«O rebumbio dos vagalumes», primeira novela do xornalista Alberte Santos

H. J. P.

CULTURA

O libro sairá do prelo a finais deste mes e será editado polo selo compostelán Laiovento

08 sep 2015 . Actualizado a las 17:54 h.

O xornalista coruñés Alberte Santos debuta na narrativa con O rebumbio dos vagalumes, libro que sairá do prelo a finais deste mes e que edita o selo compostelán Laiovento. Despois dunha longa traxectoria que o levou por medios diversos como La Voz de Galicia ou a axencia Colpisa, Santos montou en Madrid a súa propia compañía consultora de comunicación en 1996, e agora, case vinte anos máis tarde, chegarán á rúa os resultados da súa incursión na literatura, que non parece esporádica. O empresario, sen desbotar as ferramentas primixenias do xornalismo, foi na busca da aventura da creatividade e elixiu para a súa estrea unha historia contemporánea, un relato no que pon en xogo as tribulacións de Paula, unha profesora universitaria que se rebela contra unha vida que a leva por unha situación de asfixia emocional.