Xuntanza incompleta no MIHL

J.M.Abeledo BUZÓN DO LECTOR

LUGO

17 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

No MIHL pódese ver estes días a mostra titulada Xuntanza, que eu engadiría, incompleta. Trátase dunha fermosa e interesante mostra, mais eu pregúntome se representa á cidade e aos artista de Lugo que pola súa traxectoria tamén merecen ou merecían estar na devandita exposición. Nunha cidade capital de provincia como é Lugo, «non moi grande», debería ter en conta factores fundamentais cando se organizan nun centro público este tipo de eventos (neste caso culturais). Nada máis desagradable que a falta de memoria e os esquecer a persoas que nun pretérito «non tan lonxano» si eran referentes dignos de ter en conta. Pero os contactos, cargos... cegan a intelixencia das xentes, e fan perder a realidade do seu pasado. ¡Alá cadaquén coa súa conciencias! E digo isto, porque na visita que fixen á exposición botei de menos, repito, a artistas con méritos sobrados para estar nela representados, e aínda vou máis alá, que si enriquecerían máis a diversidade artística desta Xuntanza que é incompleta. Esta é a miña opinión, compartida por moitos lucenses. Espero que semellante despropósito non se repita. Parabéns polo visto, e o que faltou por ver. Grazas por nada. (Xuntanza. Definición: estre outras acepcións significa reunión de amigos con intereses comúns, ou sexa, amigos con maiúsculas) J.M.Abeledo.