A escritora viguesa Pilar Ortega gaña o Ánxel Fole de narración curta

X.M.P. LUGO

LUGO CIUDAD

O premio, convocado polo Concello de Lugo, acadou xa dezanove edicións

31 mar 2017 . Actualizado a las 22:00 h.

Pilar Ortega, escritora residente en Vigo, gañou este ano o Certame de narración curta Ánxel Fole. O premio, organizado polo Concello de Lugo, chegou ás dezanove edicións, e tiña unha recompensa económica de 4.000 euros ademais da publicación da obra. O título gañador é «Principio de incerteza», e presentouse baixo o lema Annie Jump Cannon.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, actuou como presidenta do xurado, con voz e sen voto, e o coordinador de Publicacións do Concello, Darío Xoán Cabana, foi o secretario. O escritor Héctor Cajaraville, a escritora Lupe Bao e o editor Manuel Bragado tamén formaron parte do xurado.