«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, mellor obra de ficción do pasado ano
10 mar 2012 . Actualizado a las 07:00 h.El Consejo del Patrimonio Histórico, reunido en Tarragona, decidió que las Fallas de Valencia, la catedral de Jaén, los Caballos del Vino de Caravaca de la Cruz (Murcia) y al Valle Salado de Añana (Álava) serán las candidatas españolas a entrar en las listas de patrimonio de la humanidad de la Unesco. Las candidaturas serán examinadas por los comités correspondientes, que tomarán una decisión en noviembre del 2013. COLPISA
Agustín Fernández Paz, Xavier Queipo e Xesús Couceiro foron onte tres dos premiados durante a Noite da Edición que organiza a Asociación Galega de Editores e que sinala os mellores libros e autores do exercicio pasado en distintas categorías. Outros nomes da noite corresponderon ás homenaxes realizadas aos desaparecidos Carlos Casares e Isaac Díaz Pardo. Unha noite na que, ademais, se recoñeceu a traxectoria de Andavira Editora co premio á edición histórica.
Aínda que os premios Ánxel Casal están destinados ás editoras e distinguen principalmente o labor editorial, o galardón non pode separar premios de autores. Foi Agustín Fernández Paz quen primeiro saíu a recoller o premio tras a introdución de Iria Pinheiro que, como todos os anos, pediu brevidade. Fernández Paz foi breve para agradecer o galardón pola súa novela Non hai noite tan longa e para facer dúas analoxías sobre a circunstancia actual gardaba algún parecido coa Longa noite de pedra que describira Celso Emilio Ferreiro ou quizais coa Comunidade do Anel de Tolkien que finalmente sae vitoriosa.
Xesús Couceiro, premiado como libreiro veterano e teimoso, asegurou estar moi contento de recibir esta distinción e aínda quixo ser optimista agradecendo o «óscar que me dan os editores» e logo adiantando que esta festa «pode ser no futuro como os Goya, e así conseguir que os novos miren máis para os libros».
Recontando o palmarés seguindo a proposta de Couceiro, resultaría que Edicións Xerais conseguiu tres premios polo mellor libro de poesía, a mellor tradución e polo mellor libro de ficción do pasado ano. O resto repartíronse de maneira que Galaxia, Kalandraka, Ir Indo e Oqo conseguiron un premio cada un, aínda que esta última editora non o conseguiu por unha obra, senón pola iniciativa que trasladou a animación a algúns dos seus títulos.
O complemento do acto tivo lugar na proxección dun vídeo no que se lembrou a dúas personalidades desaparecidas do mundo da edición galega: Isaac Díaz Pardo, recentemente desaparecido e que foi no seu día presidente de honra dos editores galegos, e mais Carlos Casares, do que se cumpriron onte os dez anos da súa desaparición. Queipo, que non puido acudir, explicou nun texto a importancia dun premio dado por xente que sabe da «paixón de editar».