É o primeiro achegamento da autora qu publica Xerais sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas
03 abr 2012 . Actualizado a las 06:59 h.Enfocado aos máis novos, Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía é o primeiro achegamento de Charo Portela que publica Edicións Xerais sobre a vida de quen este ano será homenaxeado no Día das Letras Galegas.
O volume, presentado onte en Santiago, ofrece unha visión sintética «das moitas tarefas que realizou na súa vida Valentín Paz Andrade». A autora apuntou que ten ultimada unha biografía para adultos que tamén será publicada por Edicións Xerais e que profundiza «máis na vida e na obra».
Ademais de contar os principais feitos vitais de Paz Andrade, o libro de Portela ofrece unha escolma dos principais textos en todos os xéneros, desde a poesía ao ensaio ou o xornalismo.