É un libro con DVD publicado por Galaxia e no que a escritora ten varios protagonismos
27 jun 2012 . Actualizado a las 11:38 h.Fina Casalderrey ten unha historia -a dunha muller que espera carta do seu fillo, emigrado en Arxentina- e dous xeitos de contala. Dúas letras é un libro con DVD publicado por Galaxia e no que a escritora ten varios protagonismos.
Por unha parte, Casalderrey escribe o guión da curtametraxe e interpreta un dos seus papeis. Por outra parte, fai o percorrido inverso entre a literatura e o cine. Neste caso, segundo a propia autora: «Primeiro foi a película e logo escribín o relato que vai no libro».
Eloy Varela foi o director da curta que conta unha historia de emigración e que fai algunhas homenaxes a Sempre Xonxa. A versión cinematográfica, que xa obtivo premios en algúns festivais, ten «unha frescura que non se podería conseguir doutro xeito» segundo Freixanes, aludindo ao xeito de produción da película e a que no reparto participa unha boa parte da familia da escritora pontevedresa.
Tanto a película como o libro conta a historia dunha muller que espera carta do seu fillo, emigrado en Arxentina, nos anos cincuenta. Unha historia que Casalderrey coñeceu cando nena e que na curta foi interpretada pola súa nai, Teresa Fraga.
Fina Casalderrey explicou que esa historia puído ser moi común na Galicia dos cincuenta pero «hoxe a xente, sobre todo os novos, non teñen nin idea de como era aquela vida que non están tan loxen deles no tempo». A escritora apuntou que precisamente ese público máis novo está sendo moi entusiasta coa película.