A literatura para o público máis novo representa un 20 % das vendas do libro galego
23 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Un catálogo con 144 títulos de literatura infantil e xuvenil publicados por 43 editoras galegas será difundido a próxima semana en Boloña, na feira profesional máis importante para este sector. A publicación foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado; e o presidente de Gálix, Francisco Castro.
O libro galego terá un espazo na feira da cidade italiana, e estará tamén nas de Guadalajara (México), Buenos Aires e Fráncfort, alén de noutros acontecementos en Xapón, China e nos Estados Unidos, segundo se indicou.
O catálogo referencia todas as publicacións en galego, español e inglés, e inclúe contactos coas editoras para facilitar a xestión de venda de dereitos, afirmou Castro. Esta literatura orientada para o público máis novo representa un 20 % das vendas do libro galego, segundo Manuel Bragado.