O premio da Deputación da Coruña destinado a literatura infantil e xuvenil escolleu a obra do escritor e xornalista Xesús Fraga, Reo, como a mellor das 34 obras presentadas.
29 jul 2013 . Actualizado a las 19:38 h.A identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana é un dos argumentos da novela gañadora do premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Reo é o título da novela gañadora, de Xesús Fraga, na que o xurado tamén salientou as reflexións que ofrece a novela sobre a realidade dos mozos dos nosos días. Para o xurado tamén hai que destacar a linguaxe directa utilizada.