O autor define «Os ángulos da brasa» como «un libro da memoria»
08 oct 2013 . Actualizado a las 20:22 h.Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Dende hoxe tamén suma para o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros. A obra, publicada na colección Tambo, agora ao abeiro do selo Faktoría K, é definida polo seu autor «como un libro da memoria». «Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural», declarou en maio nunha entrevista co suplemento Culturas de La Voz. Na súa publicación, a crítica saudou Os ángulos da brasa como unha achega relevante na traxectoria como poeta de Álvarez Torneiro, na que destacan títulos como Setembro Stradivarius ou Epicentro, e que mereceu premios como o Esquío ou o González Garcés.