Vázquez Abad manifesta o seu «respecto» pola decisión da RAG de adicar o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde
LA VOZ / SANTIAGO
CULTURA
O titular de Cultura engade que non é competencia da Xunta «inmiscirse nos asuntos» doutras institucións
15 jul 2014 . Actualizado a las 10:33 h.O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, manifestouse en canto á polémica decisión da Real Academia Galega (RAG) de adicar o Día das Letras Galegas de 2015 a Xosé Filgueira Valverde. «Respectamos a toda institución e respectamos a decisión dunha organización como a RAG que funciona de maneira autónoma e toma as súas propias decisións de forma libre», sinalou.
O titular de Cultura engadiu que non é competencia da Xunta «inmiscirse nos asuntos» doutras institucións e, que en calquera caso, a consellería de Cultura respecta a decisión e «apoiará todas a actividades que se propoñan entorno ao Día das Letras Galegas, como ten feito ata agora».