José Manuel Baltar presenta mañá o seu libro «Falemos de ourensanía»

ourense / la voz < / span>

OURENSE

No acto participará o autor que estará acompañado por Xosé A Perozo

10 dic 2012 . Actualizado a las 07:20 h.

Auga Editorial acaba publicar o primeiro libro de José Manuel Baltar. Trátase dun compendio de reflexións sobre a realidade política actual, especialmente centrado no seu interese pola provincia de Ourense, a Deputación Provincial, que dirixe, e a necesidade de pensar e construír o futuro sobre as bases do existente. «Manuel Baltar Blanco pertence á nova estirpe de políticos galegos educados ao mesmo tempo que o proceso democrático arraigaba na sociedade española», explican dende a editorial. No libro amósase como «un home fortemente vinculado á terra, ás tradicións, á lingua e á cultura galega, pero coa mirada posta no futuro e no esforzo pola superación persoal e colectiva», engaden. En «Falemos de ourensanía» -en nun momento no que o papel das deputacións están cuestionados-, José Manuel Baltar reivindica a provincia como demarcación territorial necesaria, como plataforma para a articulación do territorio con criterios modernos, e o seu goberno como instrumento de vertebración da provincia de Ourense, con especial atención á recuperación do mundo rural.

O presidente da Deputación de Ourense recolle no libro o seu pensamento sobre a realidade da Galicia galeguista dentro da España das autonomías. Tamén fala da necesidade de reformas para dignificar e dar credibilidade á xestión política presente e futura, entre outros moitos temas. «Non estamos diante dun libro de memorias dun político ao final do camiño. Ofrécenos as reflexións dun corredor de fondo con propostas interesantes e innovadoras dentro do pensamento galeguista, liberal e reformista», engaden.

O libro será presentado mañá no Liceo de Ourense ás 20.00 horas. O acto contará coa presenza do autor que conversará con José A. Perozo, de Agua Editora.