O quinto congreso á súa figura estará hoxe dedicado ao mestre Antonio Caneda
02 mar 2013 . Actualizado a las 07:05 h.Os versos de Manuel Luís Acuña voltaron onte cobrar vida no seu Trives natal. Foi da boca dos cativos do colexio, que recitaron algúns das súas composicións, e tamén dos alumnos da facultade de Ciencias da Educación de Ourense, e tamén da profesora portuguesa Marília Julieta Rodrígues, e por boca doutras bocas que quixeron recuperar as letras de Fírgoas, aquel poemario que publicou no 1933, antes de que a Guerra Civil trocase a súa vida para sempre ao ter que abandonar o corpo de maxisterio para dedicarse á ensinanza privada.
Acuña deixou onte de ser só o nome do colexio ou o home que reproduce un busto fronte ao consistorio para ser un poeta que todos recitaron con paixón. A mesma coa que pouco antes se escoitara a historia doutros triveses ilustres, os músicos Os Trintas; que formaron parte do programa do quinto Congreso Manuel Luís Acuña, que hoxe continúa na Casa da Cultura. Será un día con recordo especial a Antonio Caneda, mestre de San Xoán de Río, cando se cumpren 75 anos da súa morte como un dos Mortos do 36, título da conferencia que impartirá Xosé Manuel Cid. Será o comezo dunha xornada de relatorios que rematará ás sete.