Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Dúas estudantes bercianas suman case 3.500 visitas nun vídeo en defensa do galego

María Cobas Vázquez
María Cobas O BARCO / LA VOZ

OURENSE

A gravación xurdiu dentro do movemento Xoutube, que busca aumentar o número de vídeos en galego no famoso portal de Internet

06 nov 2013 . Actualizado a las 21:21 h.

Viron o Xabarín Club, cantan a Rianxeira, bailan ao ritmo da París de Noia. Dúas estudantes do Bierzo (León) reivindican nun vídeo o uso do galego, nunha gravación que está a piques de lograr as 3.500 visitas. Leva unha morea de comentarios nas que galegos e non galegos espallados por diferentes partes do mundo lles mandan saúdos na nosa lingua.

Segundo elas mesmas contan, o vídeo xurdiu dentro do movemento Xoutube, que busca aumentar o número de vídeos en galego no famoso portal de Internet; e a pesares de que leva nove meses á vista de todos, nas últimas semanas incrementáronse o número de comentarios que leva recibido. Por que, como elas mesmas din, ¿quen non foi a Miño ou a Riazor? e sentenzan «temos moitas cousas con Galicia».