O Consello da Cultura recupera a visión de Otero sobre o Padre Feijoo

x. m. r. ourense / la voz< / span>

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

A conferencia colgada na rede foi pronunciada en 1964 en Ourense

09 oct 2014 . Actualizado a las 05:10 h.

Ourense non quixo deixar pasar desapercibido o segundo centenario do pasamento do Padre Feijoo, e entre outras iniciativas levouse a cabo un ciclo de conferencias sobre a súa figura e a súa obra. O Consello da Cultura puxo onte a disposición en Internet a charla pronunciada en 1964 por Ramón Otero Pedrayo na que glosa a memoria do intelectual. O acto desenvolveuse no Instituto de Ourense -o actual IES Otero Pedrayo- e o conferenciante era presentado por Julio Francisco Ogando Vázquez.

Na cita, o presentador refírese ao Padre Feijoo como o galego máis universal e asegura que para abrir o ciclo de conferencias -para homenaxealo con motivo do segundo centenario da súa morte- optouse por contar co figura actual de maior renome universal da Galicia daquel tempo.

O sol que ilumina o universo

Ramón Otero Pedrayo definía ao Padre Benito Feijoo e Montenegro como un verdadeiro sol que, sen saír da súa cela do mosteiro, coa súa sabiduría iluminaba todo o mundo. Na súa modestia, o intelectural ourensán corrixe a Ogando Vázquez -polas louvanzas da súa presentación- e defínese como un bo lector, o cal non é unha cualidade vulgar en palabras de Otero, das obras do relixioso.

Na conferencia de 1964, o intelectual lembra os estudos de Saco e Arce e Marcelo Macías sobre Feijoo -define a intervención publica deste o 9 de setembro de 1879 como unha das máis profundas e ilustradas interpretacións do homenaxeado-, enmarca ao relixioso na filosofía escéptica fundada no relativismo científico, fai referencias ás admirables páxinas do autor sobre o paraíso terrenal, recorda os seus estudos sobre a natureza da luz, a súa admiración por Descartes e amósase crítico coa consideración de clasificar a Feijoo como un intelectual do século XVIII -Otero Pedrayo é máis partidario de vencellalo co XVII-.