Conseguiu achar lugares esquecidos, como o Paso dos Laxos
25 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Pablo Rodríguez Oitabén naceu ao pé dun camiño e lembra que de cativo «escoitaba os carros dos arrieiros». A ruta seguiu vencellada a el, xa que un tramo do seu trazado percorre o bosque de Ridimoas, e sempre tivo a teima de recuperar o camiño dos arrieiros que ían co ribeiro a Pontevedra «e a outros cotinentes xa que dende alí se embarcaban os pipotes co viño do Ribeiro para América, para a Bretaña francesa, para Inglaterra e para Flandes. Por aí pasou o viño que viaxou na carabela Santa María», lembra Oitabén.
Fondos para as festas de Beade
Dende a comisión das Festas de Beade -que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de agosto- puxórense en contacto con el para incluir no programa unha viñeta sobre o seu proxecto do camiño dos arrieiros. Foi a chave que abriu a porta para que
Oitabén
se botase literalmente ao monte para recuperar o vello trazado. Froito dese proxecto é o cómic
Pepiño, O Arrieiro. De Ribadavia a Pontevedra por Beade, Muimenta, Camposancos e Ponte Caldelas
que o seu autor cedeu ao membros da comisión para recaudar fondos para a festa. Juan Antonio Santamaría lembraba onte que se editaron cincocentos exemplares e que contaron para iso coa colaboración de Viña Costeira. Grazas a un antigo arrieiro, Manuel
O Caneiro
, e a Amelia Raña, de Muimenta,
Oitabén
conseguiu achar lugares esquecidos, como o Paso dos Laxos, e agora agarda que os investigadores amplíen o traballo.