
Os obradoiros «Á procura do tesouro» e «A hora do conto» abren o camiño para a gran cita do mes de abril
05 oct 2012 . Actualizado a las 06:55 h.Estimular a fantasía, a creatividade, os recursos expresivos e o interese pola lectura, son os obxectivos dos obradoiros A hora do Conto e Á procura do tesouro, que se levarán a cabo a partir deste mes no Pazo da Cultura, promovidos polo Concello de Pontevedra.
Como ven sendo habitual, o tema co que se traballará, especialmente no obradoiro A hora do conto, estará relacionado coa temática central do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que no ano 2013 levará por título A toda máquina.
Ambas actividades congregará preto de 200 rapaces de entre 4 e 16 anos de idade en más de vinte sesións que se realizarán semanalmente entre outubro e abril. As inscricións para estes obradoiros poderanse realizar a partir do próximo mércores no Pazo da Cultura, en horario de 8 a 14 horas, tendo un custe total de 40 euros cada actividade.
O proxecto de animación a lectura A hora do conto vén da man de Pavís Pavós, cos narradores Tereixa Alonso Xacobe Rodríguez e outros colaboradores. Eles transmitirán ao nenos o gusto polos libros e, partindo da oralidade, achegaranlle historias de tradición galega para estimular a imaxinación a través dos sentidos.
Xogando co tema do próximo Salón do Libro maquinarán contos, xa que para Pavís Pavós contar historias e precisamente iso «xogar e maquinar ideas e aventuras, unhas veces sacadas da tradición popular, outras de libros e outras inventadas».
Esta actividade farase en galego, apoiándose na mitoloxía, nas cantigas populares e noutras temáticas como o Samaín, o Nadal, o Magosto, o Entroido...
Valeranse tamén e Luminio, traído dende Río de Xaneiro para destacar os aspectos que os contadores consideren máis relevantes. A este personaxe se lle ilumina a nariz cando falla de algunha cuestión moi importante.
Como sempre, as sesións estarán cheas de sorpresas para os nenos e nenas a partir de 4 anos que queiran asistir. Celebraranse os sábados de 12 a 13.30 horas.