Dous adegas e sete colleiteiros na Festa do Viño de Vilaboa

Alfredo López Penide
L. Penide VILABOA / LA VOZ

VILABOA

CONCELLO DE VILABOA

11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende hoxe, dúas adegas da IXP Ribeiras do Morrazo e sete colleiteiros converteranse exporán a variedade e calidade dos viños elaborados en Vilaboa no marco da once edición da Festa do Viño. Durante estas dúas xornadas, Riomaior ofrecerá a posibilidade de degustar as diferentes variedades colleitadas e elaboradas na contorna deste concello a prezos populares.

A Festa do Viño de Vilaboa contará tamén cun apartado técnico coa celebración dunha cata diferenciada para adegueiros e colleiteiros na que se valorará a calidade dos viños.

Nesta edición, o xornalista deportivo e residente en A Cardiña, Oswaldo García, será o pregoeiro dunha edición que programou este sábado, a partires das 22 horas, un concerto de Treixadura.