O artista e pensador nacionalista faleceu no exilio en 1950
07 ene 2014 . Actualizado a las 22:26 h.O sete de xaneiro de 1950 finaba no desterro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que tomou o camiño do mar ante o estourido da Guerra Civil. Sesenta e catro anos despois do seu pasamento en Bos Aires, a Fundación Castelo organizou unha ofrenda floral para lembrar a memoria do prolífico artista e do maior pensador do nacionalismo galego. O acto decorreu no Panteón de Galegos Ilustres, a onde chegaron os restos de Castelao o 28 de xuño do ano 1984. Ademais de pousar as flores sobre o sartego, tamén houbo unha rolda de intervencións de diversos representantes do ámbito cultural galego que foi pechada polo presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar. O acto tamén contou coas intervencións musicais de Raúl Galego e dos músicos Mini e Mero e rematou coa interpretación do Himno Galego por parte dos asistentes na igrexa de San Domingos.