A cantante presenta esta tarde o traballo «Raíces aéreas» , no que a acompaña o músico Luís Martíns coa arpa
25 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.20.00 horas?•?Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74)?•?A cantante Mónica de Nut e o arpista Luís Martíns presentan o seu primeiro traballo xuntos, Raíces aéreas. Os seus temas baséanse nos cantos das mulleres, nos que «hai unha gran vitalidade, son moi inspiradores», di De Nut.
?¿Que atopará o público neste traballo?
?Son recreacións sobre melodías recollidas de cantoras e tocadoras tradicionais. Luís Martíns e máis eu escollemos as que máis nos chamaban a atención, as máis antigas, porque cremos que coa globalización van perdendo un pouco a esencia, por iso, canto máis atrás, mellor. Queríamos partir de versións menos influenciadas por esta globalización. Despois, recreámolas, cambiándolles o carácter, a sonoridade usando sons eléctricos... Entón, hai temas máis contemporáneos e outros que son máis acústicos. Temos tamén algúns coa percusionista viguesa Lucía Martínez, que usou obxectos como un radiador... É o tradicional, pero de forma libre.
?Alude á recreación do tradicional, ¿cómo acolle o público ese outro xeito de ofrecer eses temas?
?Sorpréndese porque te saca do que se escoita habitualmente e iso agradécese. Non é tan fácil sorprender. Hoxe temos uns instrumentos, unhas ferramentas diferentes dos de fai 100 ou 200 anos, e, entón, é normal que usemos o que temos ao redor, pero iso non quere dicir que a esencia non sexa a mesma. Nós tivemos coidado de coller a esencia de esas cancións e transmitir o que queren esas señoras. Así, aínda que usemos unha sonoridade diferente, o esencial do que chega da nosa cultura está aí; van cambiando as formas, pero seguimos vivindo no mesmo lugar.
?É o seu primeiro traballo con Luís Martíns, ¿como xurdiu?
?Luís ten unha formación máis da música tradicional e propúxome traballar xuntos, houbo unha comunicación frutífera e decidimos gravar.
?¿Que van ofrecer hoxe?
?Imos falar un pouco do disco na librería, que é a do barrio onde vivo e por iso me apetecía facelo, e despois facer un pequeno concerto acústico.
?Vostede xa conta con outros dous discos, ¿en que se diferenza deles?
?No primeiro había bases electrónicas, un son moi envolvente e unha achega ao tradicional, pero tamén jazz. O segundo foi algo máis persoal meu, un momento moi forte, con moitos contrastes. Este é máis apaciguado, luminoso, cálido, pero tamén hai temas que removen; este ten unha forza máis sutil.