
Juan Carlos Abraldes ilustra o cómic "A tumba do terror"
09 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.A tumba do terror?•?2016?•?Abraldes Editorial?•?Autor: Jason Crawley?•?Debuxos: Juan Carlos Abraldes?•?Con motivo da pronta chegada da tradicional festa do Samaín, Abraldes Editorial editou un cómic de terror con historias clásicas contadas en galego. Trátase de cinco contos con guión de Jason Crawley e debuxos de Juan Carlos Abraldes, debuxante afincado en Santiago. Este cómic, que conta con 56 páxinas, xa foi publicado con anterioridade na revista estadounidense Tomb of Terror. En Santiago poderá atoparse en cinco establecementos: Komic Librería, A Gata Tola, Follas Novas, Couceiro e Ártico.