O IES Xulián Magariños gaña a final do Club de Debate por segundo ano

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

VEDRA

SANDRA ALONSO

07 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Sociocultural de Santa Marta acolleu un apaixonado debate que ademais tivo un bo obxectivo, fomentar o uso do galego. A final do Club de Debate, organizado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles Santiago, enfrontou a mozos de seis institutos, o IES Pontepedriña, o de Bertamiráns, así como o CPI Plurilingüe de Vedra, o Xulián Magariños de Negreira, o IES Leixa de Ferrol e o Luís Seoane de Pontevedra. O tema, o futuro da lingua depende da mocidade, unha afirmación ao redor da cal os rapaces deron argumentos a favor e en contra. Ao final, e por segundo ano consecutivo, os gañadores foron os alumnos do Xulián Magariños, coordinados pola profesora María Blanco Crespo.

20 estaciones

Casi cuatro horas

Cada alumno realiza casi cuatro horas de pruebas, con 20 consultas (estaciones), de unos 10 minutos cada una. La Facultad de Medicina de la USC, con 382 alumnos de sexto, realiza la ECOE más numerosa de España.