Fai non moito tempo, existiron unhas persoas que pretendían quitarnos algo moi especial, o poder da imaxinación. Pero unha nena conseguiu que non o fixeran.
Facíano así:
Tiñan un libro máxico que lían o que poñía nel cunha xerra de auga na man, e a auga, cando acababan de ler o conxuro, conseguía que ao botarcha pola cabeza se che fose a imaxinación e caía nas súas mans.
A nena ao decatarse púxose a pensar e a pensar. Despois dun anaco pensando xa tiña unha idea.
Foi ao lugar onde se agrupaban os ladróns da imaxinación, así os chamaba, e cando non miraban, colleu o libro e se puxo a buscar un feitizo que fixese o contrario. Pero de súpeto o que mandaba pillouna, e ela, como non sabía que facer, deulle co libro na cabeza. Nese instante o libro quedouse en branco e a persoa desapareceu.
As persoas que formaban o grupo de ladróns resultaba que eran persoas ás que lle roubaran a imaxinación, e ao non haber libro, todos recuperamos a nosa imaxinación.
María Calvar Giráldez (Pontevedra, 9 anos) é estudante.